8 de marzo desde a biblioteca do noso IES

A biblioteca do Lois preparou para conmemorar o día da muller traballadora unha nova selección de libros e películas. CHANZO a CHANZO acadaremos o RECOÑECEMENTO e a IGUALDADE. Camiño de mulleres ese mais tamén de homes. Lisístrata, Mafalda, as sufraxistas, Jane Austen, Marjane Satrapi, as mulleres da II República, Chimamanda Ngozi Adichie, María Pita, Harper Lee, as 13 rosas, Olympe de Gouges... muller a muller onte, hoxe e mañá. E con elas todas nós: Cristina, Nerea, Lorena, Carmen, Begoña, Ángeles, Esther, Miriam, Paula, María, Eva, Susana, Natalia, Yolanda, Isabel, Loli, Alexandra, Amparo... no Lois e fóra do Lois no camiño cara a IGUALDADE acompañadas tamén das que xa non poden camiñar mais están na nosa memoria e na nosa loita por rachar límites e teitos de cristal.