Visita do alumnado de Administrativo a Cafés Candelas e CEI-Nodus

No IES Lois Peña Novo cremos na necesidade de complementar o que se estuda no propio centro con visitas a empresas, administracións e equipamentos que poden achegar perspectivas e informacións novas. Iso fixo a semana pasada o alumnado do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, nunha visita á empresa Cafés Candelas e ó Centro de Empresas e Innovación CEI-Nodus en Lugo.