O noso Entroido 2017

O venres 24 foi o Entroido 2017 no LPN!!!
Foi unha xuntanza moi divertida e agradable, onde catamos os doces do concurso, cantamos no karaoke e lucimos personalidades novas que tiñamos agachadas: apareceu un eléctrico Urdangarín futurista, un inspector administrativo, un mexicano que sabía cantar en portugués (e cociñar un doce co que gañou o concurso), un irlandés verdísimo, as nosas tres Rosies the Riveter (porque We can do it! e gañaron o premio ó disfraz da Volta ó mundo), unha secretaria la mar de bruxa, un ovo kinder cheo de sorpresas e representantes de todo o mundo mundial como o pingüín, o chinés, a xamaicana, V de Vendetta, a galega sulfatadora e o operario galego da construción, o avogado dos comecartos Made in Spain e a bibliotecaria con pintas de Mary Poppins... e ata un aforcado, pobriño el.
Mención especial para as nosas catro Nereas, que homenaxearon a nosa Nerea da cafetería coa súa imitación e acadaron o premio ó disfraz de temática xeral.

Máis fotos na publicación desta nova no facebook do IES.