Entroido LPN 2017

Quedan moi pouco días pra celebrar o Entroido no LPN! Este venres 24 a partir das 11:30 teremos concurso de disfraces e de doces de Entroido, galeoke e chistes na biblioteca e agasallos para tod@s @s que veñan disfrazad@s. Quen non queira entroidar terá clase normal! A animarse! Haberá premio ó disfraz máis impactante e tamén un premio especial ó disfraz que mellor represente a Volta ó mundo que está facendo a biblioteca co Club de lectura e o Cineclub (valen personaxes reais ou de ficción do Reino Unido, Francia, o Mediterráneo, África, Oriente Próximo, India, Xapón ou os EEUU).