Skip to Content

PROGRAMACIÓN DA FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO (FCT)

 INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

O módulo profesional de FCT é un bloque coherente de formación profesional que se desenvolve en empresas ou institucións en situacións reais de traballo. Este módulo ten carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos e desenvolverase procurando aplicar as competencias profesionais adquiridas nos centros educativos, complementadas con aquelas previamente identificadas entre as actividades produtivas do centro de traballo.

  1. O módulo de FCT, de acordo co establecido no Real decreto 1538/2006, ten as seguintes finalidades:

  2. Completar a adquisición de competencias profesionais propias de cada título alcanzadas no centro educativo.

  3. Adquirir unha identidade e unha madureza profesional motivadoras para a aprendizaxe ao longo da vida e para as adaptacións aos cambios das necesidades de cualificación.

  4. Completar coñecementos relacionados coa produción, a comercialización, a xestión económica e os sistemas de relacións sociolaborais das empresas, co fin de facilitar a inserción laboral.

  5. Avaliar os aspectos máis relevantes da profesionalidade alcanzada polo alumnado no centro educativo e acreditar os aspectos requiridos no emprego que non poidan verificarse por exixir situacións reais de traballo.

 No IES Leliadoura realizan a formación en centros de traballo (FCT), en dous prazos, o alumnado dos ciclos formativos seguintes:

  • Ciclo medio de Xestión Administrativa.

  • Ciclo superior de Administración e Finanzas.

  • Ciclo superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede

  • Ciclo superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.

Para máis información preme na hiperligazón:

 

AnexoTamaño
Programación FCT curso 2015-16.pdf225.27 KB


page | by Dr. Radut