Skip to Content

SAÍDA Á PRAIA DE BASOÑAS

O pasado xoves, o alumnado de 3º ESO e o de Plástica de 4º ESO desprazouse ata a praia de Basoñas, en Porto do Son, para recoller lixo. Traballaron arreo durante unhas horiñas, mais non deron limpo toda a cantidade de sucidade que alí había. O obxectivo, ademais da concienciación sobre a necesidade de que o ser humano mude de hábitos, é empregar a posteriori todo este lixo na elaboración de máscaras para o entroido.

Este traballo está enmarcado nun proxecto medioambiental que o equipo da Biblioteca está levando adiante e que leva por nome: "SOS mar".

Como é un proxecto, haberá máis actividades; cales serán? Pois xa iredes vendo.

 

 

SAÍDA Á PRAIA DE BASOÑAS


image | by Dr. Radut