Skip to Content

DOAZÓN DE SANGUE

O vindeiro xoves, 12 de xaneiro, teremos diante do centro unha unidade móbil que acollerá a tod@s aqueles e aquelas que queirades doar sangue.

O horario será de 10:00 a 14:30 h.

Recordade que debedes ter 18 anos para poder doar. 

Despois de loitar coa pandemia da COVID-19, preténdese impulsar a actividade asistencial ordinaria nos hospitais e precísase recuperar a participación nas campañas de doazóns de sangue. Por este motivo, ADOS (Axencia Galega de Sangue, Órganos e Técidos) impulsa o reto5000, co obxectivo de acadar 5000 doazóns de sangue e achegarnos ao nivel de participación previo á pandemia. Para iso, necesítase a colaboración de toda a comunidade educativa.

RECORDADE TRAER MÁSCARA.

DOAZÓN DE SANGUE


image | by Dr. Radut