Skip to Content

CHARLA DAMIEN

O pasado 18 de novembro, o departamento de Lingua Inglesa do IES Leliadoura en colaboración coa editorial Burlington organizou unhas charlas culturais para o alumnado de 3º ESO.

O elemento vertebrador da charla impartida por Damien Sheehy foron os países de fala inglesa: a súa xeografía, mitos, lendas, bandeiras, símbolos etc. Dese xeito, o noso alumnado aprendeu que en Australia unha grellada chámase "Barbie" ou que a cría dun canguro chámase "Joey"; que o Halloween provén da celebración irlandesa "All Hallows Eve" e mesmo aprendemos a pronunciar o nome desta cidade galesa: Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch.

Atrevédesvos a pronunciala vós?

 

CHARLA DAMIEN


image | by Dr. Radut