Skip to Content

SAMAÍN E MAGOSTO

Samaín e Magosto. Disfraces, castañas, chocolate quentiño e xogos populares, que máis pedir para festexar a entrada do Samaín. Con todo isto conmemoramos a chegada da caída da folla, mais xa días antes tiñamos o centro preparado para a ocasión, xa que cabazas, melóns, nabos e produtos típicos desta parte do ano non faltaban.

Recordade que, segundo os nosos devanceiros, a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro era a máis perigosa do ano: as portas do outro mundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar a parte terreal. Para afastar dos seus castros estas perigosas ánimas defuntas, adoitaban poñer no alto dos muros as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña.

No Leliadoura non puxemos caveiras, mais si candeas que iluminaron noite e día o centro. En breve, publicaremos tamén os epitafios que o alumnado de 3º ESO foi elaborando. Mentres, aquí tedes unha pequena mostra das actividades do venres. 

Se clicades nas catro primeiras imaxes, tamén veredes os vídeos que gravamos.

Xogamos ao pano:

 

Tiramos da corda:

 

 

E tamén lle damos aos zancos:

 

 

 

 

 

 

 

SAMAÍN E MAGOSTO


image | by Dr. Radut