Skip to Content

FESTA FIN DE CURSO

Non hai moito que dicir: campionato de fútbol, incluído o partido contra o profesorado, patinaxe e música a esgalla. As interpretacións fantásticas, grazas pola vosa colaboración, sen a vosas achegas sería moito máis aburrido. 

Mellor que contar o que se fixo é ver o vídeo con todos os pequenos recordos que xuntamos, clicade na imaxe e aí o tedes.

Un pracer compartir con todo o alumnado do Leliadoura este curso 2021/2022; descansade, collede folgos porque en breve comezamos un novo, así que tedes que vir con moita ansia.

Bo verán para toda a comunidade educativa!!