O pasado xoves, antes de nos ir para celebrar a noite de San Xoán, achegámonos a Santiago para recibir dous diplomas aos mellores expedientes de Galiza. Foi no multiusos do Sar onde Ramón Blanco e Jessica Rego acompañaron a outr@s rapaces e rapazas que, coma eles, se situaban nos mellores resultados tanto de Bacharelato coma na ABAU.
Parabéns aos dous por tanta capacidade de esforzo e superación.