Skip to Content

1º ESO MARISQUEA A PÉ

O día acompañaba e a temperatura tamén, por iso ao alumnado de 1º ESO se lle fixo curta a xornada de marisqueo a pé á que asistiron na vila veciña da Pobra do Caramiñal. Primeiro acudiron ao Auditorio do Museo Valle-Inclán onde viron un vídeo que os introduciu no proceso da recolecta do marisco. A seguir, desprazáronse á praia dos Areos onde recibiron toda unha serie de coñecementos que as mariscadoras lles deron in situ. Unha xornada diferente, unha xornada incrible onde os máis pequechos do centro entraron en contacto cunha das nosas xoias gastronómicas.

Se clicades na imaxe, veredes a cantidade de fotografías que demostran o interesante que foi o día.

 

 

1º ESO MARISQUEA A PÉ


image | by Dr. Radut