Skip to Content

O CLUB DE LECTURA E 4º ESO VIAXAN A SAN SIMÓN

Remata o curso e o club de lectura do Leliadoura atrévese cunha bonita viaxe, a Illa de San Simón. Despois de ler a obra gráfica de Eva Mejuto, A lavandeira de San Simón, e traballar arreo cos contidos que no texto se aprecian, decidiron finalmente viaxar ao escenario da acción, San Simón. Pero como en 4º ESO tamén se estudaron os temas relacionados coa guerra civil e a represión franquista contra os republicanos, a lectura do libro acabou facéndose imprescindible. Por iso todos e todas xuntos alá foron; convidaron a Eva, a autora, mais non puido acompañal@s. Iso si, o día foi completo porque pola tarde houbo parada na cidade de Pontevedra. Nela fixeron o roteiro Castelao e remataron vendo a sala do mesmo autor no museo de Pontevedra, así como a exposición, "Gerra, represión e exilio".

O día foi completo, viñeron cans@s, pero iso, moi satisfeitos e satisfeitas.

Se clicas na imaxe, poderás ver o vídeo resumo coas fotografías.

 

 

O CLUB DE LECTURA E 4º ESO VIAXAN A SAN SIMÓN


image | by Dr. Radut