Skip to Content

MES DAS LETRAS GALEGAS

E chegou o mes de maio, intenso, florido e con cantidade de labores para desenvolver sobre todo nos primeiros quince días, pois logo temos que centrarnos máis nos exames. 

Diversas actividades foron as que nos ocuparon esta semana e outras máis nos agardan para a vindeira.

-Da man da asociación AGADEA tivemos a sorte de poder asistir a unha charla sobre a enfermidade do alzhéimer (1º BACHARELATO) no auditorio de Ribeira.

 

-O martes, alá fomos os de 2º e 4º ESO para ver a fantástica obra de Thalía, A parábola do angazo. Con ela tratamos os prexuízos que xiran ao redor da lingua, unha chea de metáforas e temas que nos fixeron pensar moito; iso si, sempre tratados de xeito humorístico, por iso rimos á esgalla.

 

 

-O mércores, visitounos Eva Mejuto para falarnos aos integrantes do Club de Lectura e tamén a 4º ESO da súa obra gráfica, A lavandeira de San Simón. Ao final da súa intervención chegou a dicirnos que, de poder, viría con nós á Illa de San Simón, visita que temos programada para o mes de xuño.

 

-E hoxe, tocoulle a quenda a Héctor Cajaraville que fixo un dobre, xa que non só conversou co alumnado de 3º ESO sobre o libro de lectura deste terceiro trimestre, A caixiña dos rancores, senón que tamén nos introduciu na vida e obra de Florencio Delgado. Grazas por tan bo momento, Héctor.

 

 

MES DAS LETRAS GALEGAS


image | by Dr. Radut