Skip to Content

UN LIBRO SOLIDARIO

O equipo da Biblioteca e Vicedirección andan argallando unha actividade que involucre a todo o centro e que, ao mesmo tempo, permita axudar a persoas alleas a nós, pero que de seguro han de agradecer o noso traballo.

 

Resumindo: pretendemos facer un mercado solidario con libros doados pola Biblioteca, polo profesorado e polo alumnado. Quen queira poderá traer un libro da súa casa do que deberá desprenderse para así poder poñelos á venda nun mercado que se levará a cabo no centro na semana do 13 ao 17 de decembro.


Como se van mercar o ou os libros que cadaquen queira? Pois non con cartos, dende logo, senón con comida. Collemos un libro e, a cambio, entregamos un doce típico de Nadal (turrón, polvorón, caixa de manteigados, caixa de galletas...) ou, se preferides, calquera outro tipo de alimento non perecedoiro. 

 

 

Con todo o recollido, procederemos a entregalo a institucións sociais da nosa vila para o seu reparto.

 

Non queda máis que animarvos a participar nesta iniciativa que, de seguro, vos ha de agradar a todas e todos.

 

Falade coa vosa titora ou titor para a entrega de libros; recordade que debedes facelo entre o 9 e 10 de decembro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

UN LIBRO SOLIDARIO


image | by Dr. Radut