Skip to Content

IRIA VEIGA AXÚDANOS COA ANSIEDADE

IRIA VEIGA AXÚDANOS COA ANSIEDADE

Hoxe recibimos unha visita que anhelabamos dende que nos confirmou a súa asistencia. Iria Veiga, psiquiatra no Hospital do Barbanza moi compremetida coa divulgación científica en lingua galega, veu falarnos sobre a ansiedade, a súa sintomatoloxía, os seus efectos e a maneira en como podemos atallala

Titulou a súa conferencia "Unha película de terror psicolóxico", xa que segundo ela a ansiedade procede dos nosos medos e inseguridades e está sempre na nosa cabeza, mais non fóra dela. Tranquilizounos porque nos informou de que non causa ningún tipo de dano físico aínda que nos pareza que non damos controlado as crises; de feito, as mortes por ansiedade son nulas. 

As pautas para intentar controlala centraron tamén parte do seu relatorio. Como ela ben dixo "a ansiedade dinos que corramos"; se ela nos activa, nós non podemos ficar parados, temos que movernos, por iso o exercicio físico é tan importante.

Un verdadeiro pracer poder ofrecerlle ao noso alumnado de 2º de Bacharelato esta pequena axuda nestes momentos nos que o curso e as agonías deste transo cara á universidade comezan a pasar factura. Tamén puido asistir algún alumnado de 1º BACH que loita a diario tamén con este problema tan presente na sociedade actual, mais a situación COVID non nos permitiu que viñerades tod@s. Por iso, para o curso que vén esperamos volver contar con Iria.

Moitas grazas pola túa amabilidade e o teu bo facer.

 

 

 



image | by Dr. Radut