Skip to Content

25 ANIVERSARIO DO IES LELIADOURA / AVISO URXENTE

25 ANIVERSARIO DO IES LELIADOURA / AVISO URXENTE

Este ano, o IES Leliadoura cumpre 25 anos e non podemos deixar de recordar a quen pasou por aquí e deixou pegada. Por isto, convidamos a todo o alumnado que queira a enviar unha pequena gravación co voso sentir sobre o paso polo instituto. Terían que ser minigravacións de 35 segundos como moito onde reflexionedes sobre o que supuxo para vós a estadía no Leliadoura.

No caso de que queirades participar debedes enviar os vosos vídeos ao seguinte correo electrónico: ies.leliadoura@edu.xunta.gal e teredes que seguir estes pasos:

1.Comezade a gravar en horizontal e esperade 10 segundos antes de falardes. 

2. Pasados os 10 segundos dicide o voso parecer, recordando non exceder o tempo estipulado.

3. Volvede esperar outros 10 segundos antes de parar a gravación.

Esperamos polas vosas achegas con entusiasmo, así que facédeo antes das próximas vacacións.



image | by Dr. Radut