
Comezamos non o día, senón a semana, xa que imos traballar arreo os cinco días desta segunda semana de marzo. O departamento de Lingua Castelá e Literatura vai facer xirar o seu labor arredor da figura de Virginia Woolf e para iso lerán e comentarán fragmentos de "Una habitación propia". Logo consultarán a web da bilioteca virtual Cervantes sobre mulleres e literatura; diversos artigos sobre a brecha salarial da muller e algúns artigos relacionados cos contos infantís dende unha perspectiva feminista.
Todo iso, analizado dende a aula, axudará a xerar debates e distintas posturas sobre a importancia do papel da muller hoxe e sempre.
Se clicades na imaxe, veredes un fermosísimo vídeo montado pola nosa profesora Mónica Montero.
Permanecede atent@s, pois algo máis xurdirá esta semana.