Skip to Content

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

O Departamento de Francés, como vén sendo habitual, realizou un concurso de postais de Nadal no que participou alumnado de 1º e 2º ESO. 

A intención era alegrar un chisquiño o instituto e facer unha actividade lúdica que os axudase a celebrar estas datas. Nesta ocasión o seu esforzo foi maior e isto propiciou que a elección dos catro premios outorgados ás catro mellores postais se fixese máis difícil.

Como foi imposible realizar a entrega de premios o último día de clase de decembro, como estaba previsto, xa que as clases eses dous días foron online, decidimos facelo á volta das vacacións.

Aínda así as persoas gañadoras quedaron satisfeitas e moi ledas cos seus agasallos.

 

 

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL


image | by Dr. Radut