Skip to Content

O IES LELIADOURA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O IES LELIADOURA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como non podía ser doutro xeito, o IES Leliadoura non esquece que hoxe é 25 de novembro e que o mellor para conmemorar esta efeméride é educar e formar ás e aos adolescentes que serán persoas nun futuro moi próximo integradas na sociedade. É así que, dentro das posibilidades que este curso nos permite a situación que estamos a vivir, tentamos concienciar ao noso alumnado da necesidade de educar e vivir en igualdade para evitar a posteriori a violencia centrada nas mulleres. 

Todas e cada unha das titorías colaboraron co concello na campaña "Di non á violencia de xénero" e, seguindo as súas directrices, fixeron unha fotografía onde cada alumno e alumna amosaba un cartel de rexeitamento á violencia contra as mulleres. A exposición do resultado, enviado de volta dende o concello, atópase nos corredores do centro.

Ao mesmo tempo, o alumnado de 4º ESO de Plástica e 1º de Bacharelato de Debuxo Artístico elaboraron tamén uns carteis coa súa visión sobre esta lacra que arrastra a sociedade dente tempos remotos e que tanto custa erradicar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  



image | by Dr. Radut