Ante a situación causada pola COVID-19, todo o equipo directivo, persoal non docente e o claustro do IES Leliadoura está traballando arreo para ter o centro disposto o día de inicio das clases. Seguridade e formación presencial é a nosa máxima prioridade.
A Consellería ven de adiar o inicio de curso unha semana, e a incorporación será gradual:
- 23 de setembro, ás 11:30 horas, incorporarase o alumnado de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria; 1º curso de bacharelato; 1º de formación profesional de grao medio e 1º de formación profesional de grao superior.
- 24 de setembro, ás 11:30 horas, incorporarase o alumnado de 3º de educación secundaria obrigatoria; 2º curso de bacharelato; 2º de formación profesional de grao medio e 2º de formación profesional de grao superior.
- 25 de setembro, ás 11:30 horas, incorporarase o alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e de formación profesional básica.
- Teremos servizo de transporte (O alumnado que vén de Oleiros, collerá o transporte da liña regular ás 11:00 h).