Skip to Content

CALENDARIO ENTREGA DE BOLETÍNS E RECOLLIDA DE LIBROS, ORDENADORES E KITS CONEXIÓN A INTERNET ENTREGADOS NO CENTRO

COMO TODAS AS NOTAS ESTÁN PUBLICADAS NO ABALAR, OS DÍAS DE RECLAMACIÓN SERÁN O 25 E 26 DE XUÑO

Os días 25 e 26 de xuño o profesorado titor do alumnado da ESO fará entrega dos boletíns coas cualificacións finais no ximnasio do centro. Tamén se encargará da recollida dos libros pertencentes ao fondo solidario de libros de préstamo.

O alumnado que teña algunha materia pendente para setembro non terá que facer agora a devolución do libro correspondente á materia suspensa.

Os libros deben vir nunha bolsa co nome do alumnado por fora e unha folla grapada ou pegada no exterior da bolsa coa lista de libros que entrega, a fin de evitar o contacto, seguindo as instrucións dadas polas autoridades sanitarias.

Os ordenadores e kits de conexíón a internet que foron entregados polo Centro, devolveranse o mesmo día. Os dispositivos entregados polo Concello non terán que devolvelos no Instituto. Desa xestión encargarase o propio Concello.

O alumnado non poderá acceder o Centro escolar sen máscara e deberá cumprir de forma rigurosa as normas sanitarias establecidas.

Por razóns de seguridade sanitaria, establecense as seguintes quendas e o alumnado deberá abandonar o centro escolar tan pronto se realice a entrega dos boletíns:

DÍA 25/06/2020

GRUPOS

HORARIO

 

GRUPOS

HORARIO

1º ESO A

10:00-10:30

2º ESO A

12:00-12:30

1º ESO B

10:30-11:00

2º ESO B

12:30-13:00

1º ESO C

11:00-11:30

2º ESO C

13:00-13:30

1º ESO D

11:30-12:00

 

 

 

DÍA 26/06/2020

GRUPOS

HORARIO

 

GRUPOS

HORARIO

3º ESO A

10:00-10:30

4º ESO A

12:00-12:30

3º ESO B

10:30-11:00

4º ESO B

12:30-13:00

3º ESO C

11:00-11:30

4º ESO C

13:00-13:30

1º – 2º FP Básica

11:30-12:00

 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut