Skip to Content

Razóns para non fumar: Cal é a túa?

Razóns para non fumar: Cal é a túa?

Sumámonos a campaña  “Razóns para non fumar: Cal é a túa?”, que con motivo da celebración o vindeiro 31 de maio do Día Mundial sen Tabaco a Asociación Renacer vai poñer en marcha.

A campaña está dirixida ó alumnado do primeiro ciclo da ESO (1º e 2º) dos centros educativos de Ribeira e tamén a diversas entidades sociais e culturais e centrase nas razóns para non iniciarse no hábito tabáquico a través de fotografías que así as mostren. Estas serán subidas ás nosas redes socias o vindeiro 31 de maio.

O obxectivo da mesma é que sensibilizar e visibilizar os beneficios dunha vida san, e libre de fume, algo tan importante nestes tempos  que estamos a vivir.

Para levar a cabo a campaña necesitamos a colaboración do alumnado e profesorado. A participación consiste en sacar unha fotografía cunha razón para non fumar. As fotografías editarémolas coa imaxe da campaña para logo subilas ás  nosas redes sociais, polo que deberan facérnolas chegar antes do 29 de maio.

As foto-respostas enviaranse á nosa conta de correo electrónico:  renacer@asociacion-renacer.org.



image | by Dr. Radut