Skip to Content

REAPERTURA DO CENTRO PARA ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS

O IES Leliadoura reabre a secretaría do centro para atender actividades administrativas. O horario de atención ao público será das 10:00 ás 13:00 horas, de luns a venres.

Para a realización dos procedementos seguiremos as recomendacións sanitarias de atención ao público publicadas pola Consellería de Educación.

Prazos para o procedemento de admisión:

  • Procedemento de admisión do alumnado: do día 11 o 19 de maio de 2020 (o día 18 é non lectivo e o centro permanecerá pechado).

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

  • Prazo para presentación de reclamacións: 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

  • Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

Para ver o texto completo que regula o procedemento prema aquí.

 



blog | by Dr. Radut