Skip to Content

EN RECORDO DE JOSITO

EN MEMORIA DE JOSÉ MANUEL ÁLVAREZ

Sentimos dicirvos que hoxe perdemos a un Leliadouro que, aínda que rematara a súa andaina polo noso insti o curso pasado para comezar a formarse como mestre, sempre será parte das nosas vidas.

José Manuel Álvarez, Josito para tod@s nós,  deixounos despois de moitos anos de loita. Anos nos que nos transmitiu esas gañas de vivir, de pelexar por acadar as metas que un se propón. Foi un exemplo de esforzo, de superación, de compromiso por  conseguir aquelo que máis desexas, de aprender a darlle valor á vida no día a día. Ese esforzo veuno recoñecido cando recibiu un premio de parte da Consellería.

Premio que compartiu con nós, cos seus e as súa compañeiras e cos prof@s. Fíxoo contaxiándonos a súa ilusión, o seu sorriso, a súa retranca. Pero sobre todo dounos a súa amizade, porque era un gran rapaz, un gran compañeiro, un gran amigo. Era un grande, ou como lle dixen a última vez que falei con el: UN CAMPIÓN!

Josito, tod@s @s Leliadour@s que tivemos a sorte de compartir contigo estes anos que estiveches con nós sempre che levaremos na nosa memoria e nos nosos corazóns.

Ata sempre amigo!

(Preme na foto para ver o vídeo)

Muito desejei amigo

lelia doura

que vós tevesse comigo

edoi lelia doura

EN RECORDO DE JOSITO


image | by Dr. Radut