Skip to Content

ESTADO DE ALARMA. #QUEDANACASA

PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

ATENCIÓN TELEMÁTICA

Para atender as indicacións do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma e as INSTRUCIÓNS DO 13 DE MARZO DE 2020, utilizaranse vías telemáticas para facilitar a continuidade de aprendizaxe do alumnado fora da aula.

Todo o profesorado a través da páxina web do centro, da aula virtual, do Abalar, correo electrónico ou por outros medios telemáticos accesibles ao alumnado, porá ao seu dispor actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, aínda que como sabedes, non terán carácter de avaliables.

POR PROTOCOLO SANITARIO A ATENCIÓN Ó PÚBLICO TAMÉN SERA TELEMÁTICA:

ies.leliadoura@edu.xunta.gal

ABALAR

PAXINA WEB

Atención telefónica de 10 a 13 horas: 881 86 71 86

 


 

RESOLUCIÓN DO 15 DE MARZO DE 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.


 
INSTRUCIÓNS DO 13 DE MARZO DE 2020

 

3. INSTRUCIÓNS RESPECTO DA ATENCIÓN DO ALUMNADO

3.1 O centro disporá das medidas precisas para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar.

3.2 Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, establecerá un sistema de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas coas que traballa habitualmente, así como calquera outro medio de comunicación que o centro estime adecuado para esta situación.

3.3 Os equipos docentes e o restante profesorado elaborarán propostas de actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios.

3.4 Prestarase unha especial atención á titorización do alumnado de 2º de bacharelato.


Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma

Artículo 9. Medidas de contención en el ámbito educativo y de la formación.

1. Se suspende la actividad educativa presencial en todos los centros y etapas, ciclos, grados, cursos y niveles de enseñanza contemplados en el artículo 3 de la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación, incluida la enseñanza universitaria, así como cualesquiera otras actividades educativas o de formación impartidas en otros centros públicos o privados.

2. Durante el período de suspensión se mantendrán las actividades educativas a través de las modalidades a distancia y «on line», siempre que resulte posible.

ESTADO DE ALARMA. #QUEDANACASA


image | by Dr. Radut