Skip to Content

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS
Xov, 12/03/2020 - 19:39

MEDIDAS A ADOPTAR QUE AFECTAN AO NOSO CENTRO:

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
  • O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.
  • Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro.
  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
  • Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +
  • Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.
  • Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.


image | by Dr. Radut