Skip to Content

FORMACIÓN EN MASCULINIDADES DISIDENTES

FORMACIÓN EN MASCULINIDADES DISIDENTES

O pasado 22 de xaneiro, desenvolveuse no noso centro unha sesión formativa en materia de Igualdade en horario de 16.00 a 19.00. Dita actividade que leva por título “Masculinidades disidentes” estivo organizada polo grupo de Igualdade do IES Leliadoura, en colaboración co CAFI e é de interese para todo o profesorado.

A actividade foi impartida por Pepe Cabido Pérez, docente do IES Fontexería de Muros, un dos centros de vangarda da igualdade en Galicia con ampla experiencia e formación en materia de xénero, en especial en novas masculinidades.

Na sesión tratáronse cuestións diversas, comenzando pola identidade persoal e a diferenciación entre xénero e sexo, a reafirmación de que as diferencias e roles masculinos e femininos non son máis que unha construción social e é precisa a deconstrución dos mesmos e a urxente necesidade de educar aos rapaces nos novos modelos de masculinidades libres de prexuízos.

É preciso introducir medidas para contrarrestar as resistencias masculinas ao cambio e ter claro que o modelo tradicional hexemónico de masculinidade está en decadencia e é un factor de risco sobre todo para eles mesmos, cunha negación das propias emocións e un reforzamento da agresividade e a violencia.
Para que eses cambios sociais se produzan é fundamental educar aos rapaces nas emocións, e para unha maior implicación no eido reprodutivo e nos coidados cara a eles mesmos e aos demais. Non debemos esquecer que o obxectivo principal é contribuír a unha sociedade plenamente igualitaria.

 



image | by Dr. Radut