Skip to Content

CHARLA « MULLERES NA CIENCIA , TECNOLOXÍA E VIDEOXOGOS»

CHARLA « MULLERES NA CIENCIA , TECNOLOXÍA E VIDEOXOGOS»

En conmemoración do Dia Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, o grupo de Igualdade do centro, en colaboración co Dpto de Informática, organizou unha charla o pasado dia 14 de febreiro.

Para iso contamos coa presenza de Luz Castro Pena, unha muller cunha longa traxectoria e amplia experiencia profesional, enxeñeira informática, é un claro exemplo do relevante papel da muller no eido científico e tecnolóxico. Foi fundadora na súa etapa universitaria da Plataforma polo Galego na Informática, muller emprendedora e cofundadora xunto con tres socios máis, da empresa Imaxin Software en 1997, onde dirixe a área de desenvolvemento de xogos educativos e produtos multimedia, creadora de recursos educativos diversos, do corrector Galgo e o traductor de galego Open Trad Apertium. Foi vicepresidenta da primeira Mesa pola Normalización Lingüística e da asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), con experiencia docente na Universidade da Coruña dende o ano 2008 do Grao en Comunicación Audiovisual e representante da asociación na Rede de Mulleres en Informática (MUIN). Ademais, é membro do comité de dirección do Cluster TIC de Galicia, así como participante da Startup Galicia e da LaconNetwork e cofundadora da Asociación galega de videoxogos e contidos interactivos Videoxogo.gal.

 

Na súa charla ademais de achegarnos á súa experiencia e traxectoria, falounos dalgunhas mulleres relevantes e invisibilizadas como Angela Ruiz Robles, Margaret Hamilton, Ada Lovelace e outras, do papel da muller no eido productivo, na creación de videoxogos así como o rol asignado como protagonista dos mesmos; aportounos cifras actualizadas do uso e da creación dos videoxogos por xénero, con datos bastante paritarios no uso e non tanto na creación, incidindo en que os datos son un claro exemplo de ámbitos de traballo no que as mulleres están subrepresentadas e na necesidade da educación en igualdade de xénero e de oportunidades e rachar cos estereotipos de xénero ainda moi presentes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



image | by Dr. Radut