Skip to Content

MULLERES NA CIENCIA, TECNOLOXÍA E VIDEOXOGOS

MULLERES NA CIENCIA, TECNOLOXÍA E VIDEOXOGOS

Co gallo do Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, o grupo de Igualdade en colaboración co Dpto de Informática organizou unha charla de orientación profesional, por unha banda, e na que se tratará ademáis o papel das mulleres no mundo da informática e nos videoxogos tanto desde o punto de vista de mulleres relevantes nese campo  como o trato da muller nos propios videoxogos.

Será impartida por Luz Castro Pena, Doutora en Informática, profesora na Universidade da Coruña, con unha longa traxectoria nese campo, tamén na Mesa pola Normalización Lingüística, sendo ademais, socia fundadora de Imaxin Software, empresa creadora de recursos como OpenTrad Apertium e videoxogos. A conferencia terá lugar na Biblioteca este venres ás 11.00, para os grupos de 4ª, 1º bacharelato e 2º de FPB de Informática e Comunicacións.



image | by Dr. Radut