Skip to Content

FORMANDO EN BANCA ÉTICA

FORMANDO EN BANCA ÉTICA

O día 27 de xaneiro do 2020 o alumnado de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas, asistiu a unha conferencia sobre Banca Ética impartida por Gonzalo Gesto, avogado e coordinador para Galicia de Banca Ética Fiare.

Fiare é un banco Cooperativo de referencia en Europa con mais de 42.000 persoas socias entre Italia e España. Como Cooperativa garante a xestión democrátiaca e compromiso ético coa participación das persoas socias baixo o principio de "unha persoa un voto". En Fiare saben ben que toda decisión económica é unha decisión ética, asumida dende un marco de conviccións e cuxa consecuencia favorecen a unhas persoas e perxudican a outras. O seu obxectivo é recuperar o valor social do diñeiro. Por iso que os depósitos de aforro das persoas e organizacións que comparten estes principios, serven para financiar o desenvolvemento cooperatiavo, os valores transfomadores, a agroecoloxía, a cooperación ao desenvolvemento, o comercio xusto e a loita contra a exclusión social.

Con este tipo de actividades, pretendemos que o noso alumnado teña un desenvolvemento integral e persoal que lle permita vivir nunha sociedade mais libre e respetuosa.

A charla transcorreu de xeito dinámico, con preguntas e achegas do alumando que, como ben explicou Gonzalo Gesto, non ten aceso á información de desenvolvemento cooperativo ou de empresas colaborativas.



image | by Dr. Radut