Skip to Content

ACTIVIDADES 25N CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

ACTIVIDADES 25N CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O IES LELIADOURA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

Ó longo do mes de novembro, organizadas polo grupo de igualdade do centro, estanse realizando unha serie de actividades para detectar, frear e previr a violencia de xénero:

A O LONGO DO MES DE NOVEMBRO:

  • Cortos e música para sensibilizar contra a violencia e elaboración de carteis para concurso, murais, esquelas das mulleres asasinadas, etc.
  • "Conta a túa historia", consistente en contar historias persoais relativas ao tema e deixalas nun buzón colocado na entrada do centro.

25 DE NOVEMBRO:

  • Ás 10:50, relatorio testimonial "Removendo conciencias", a cargo de Noelia Míguez Vázquez na Biblioteca do centro.
  • Ás 12:00, acto en memoria das mulleres asasinadas, con lectura dun manifesto e peza musical a cargo do alumnado da ESO, no Ximnasio do instituto. Pídese ao alumando e profesorado que asista a este acto vestido de negro.

SEMANA DO 25 AO 29 DE NOVEMBRO:

  • O IES Leliadoura en negro: mensaxes en negro contra a violencia.
  • ASI SI/ASI NON: Carteis nas portas das aulas para concurso.
  • Murais contra a violencia.
  • Colocación da escaleira cíclica da violencia de xénero.


image | by Dr. Radut