Skip to Content

VISITAMOS A LONXA DE RIBEIRA

O IES Leliadoura realizou unha actividade na que participou o alumnado do primeiro curso do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e o Ciclo Superior de Administración e Finanzas.

A actividade, organizada polo Departamento de Administración, consistiu na visita ás instalacións da Lonxa de Ribeira, asistencia ás poxas, información de primeira man da loxística e organización, así como explicacións sobre a súa complexa administración.

Ademais, o alumnado está realizando varios traballos, onde se recollen toda esta información, que se recadou nestas dúas visitas, que foron realizadas os días 15 e 17 de outubro, ás 5 da tarde.

 

 

Máis información:

Constitúese a empresa LONXA DE RIBEIRA S.L., con data 8 de xuño de 2017 mediante escritura publica. A empresa crease cun capital social inicial de 27.000,00 Euros e comeza a súa actividade o 10 de maio do 2017. O domicilio social no momento da súa constitución establecese en Pto. Pesquero S/N Ribeira.

A empresa indica que a súa actividade é A explotación e administración da lonxa pesqueira do Porto de Ribeira. Considerase que forma parte do obxectivo da compravenda, intermediación, fabricación e industrialización de toda clase de artigos, produtos e subprodutos para as actividade da pesca, marisqueo e acuicultura.

VISITAMOS A LONXA DE RIBEIRA


image | by Dr. Radut