Skip to Content

María Crugeiras Sampedro, premio aos mellores expedientes de Galicia

María Crugeiras Sampedro, premio aos mellores expedientes de Galicia

A nosa alumna María Crugeiras recolleu onte pola tarde o diploma que a distingue como un dos mellores expedientes de Galicia. O acto organizado pola Universidade de Santiago tivo lugar no Palacio de Congresos da capital galega. Nel fíxose entrega destes diplomas que recoñecen o esforzo e traballo dos e das estudantes galegos que acadaron unha nota superior a 9 na fase xeral das probas ABAU celebradas o pasado mes de xuño. Un ano máis o IES Leliadoura veu recompesado o traballo do seu estudantado e desde aquí queremos darlle a NORABOA a María e desexarlle toda a sorte no seu futuro como universitaria, esperando que siga conseguindo éxitos na súa carreira profesional.

Preme para ver o vídeo e o tarxetón do acto e vídeos e fotos de anos anteriores.



image | by Dr. Radut