Skip to Content

Alumnado e profesorado do Leliadoura honraron a memoria de Plácido Betanzos

O IES Leliadoura estivo moi presente na homenaxe que se lle rendeu o compañeiro Plácido Betanzos no aniversario do seu pasamento, o pasado día 2 de xuño, en Palmeira. O paseo marítimo foi bautizado co seu nome. Alumnado, profesorado, autoridades, amizades e veciñanza rendéronlle, deste xeito, unha sentida homenaxe.

Nesta xornada á súa obra literaria puxéronlle voz Ana Alvite, alumna de 2º de bacharelato, que leu un anaco do libro Bágoas na chuvia, e o compañeiro Xesús Laíño que optou por un extracto de Paravea no inferno.

 

 

Alumnado e profesorado do Leliadoura honraron a memoria de Plácido Betanzos


image | by Dr. Radut