Skip to Content

EXPOSICIÓN PREMIOS MARÍA JOSEFA WONENBURGER PLANELLS

EXPOSICIÓN PREMIOS MARÍA JOSEFA WONENBURGER PLANELLS

O luns 20 maio, ás 12:00 tivo lugar unha conferencia no Auditorio de Ribeira impartida por Carmen Pampín doutora en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cofundadora e Conselleira Delegada de GalChimia, unha compañía de servizos de Química Orgánica Sintética que centra o seu negocio na I+D ofrecendo servizos especializados e de alto valor engadido para as industrias química, farmacéutica, agroquímica e biotecnolóxica, dentro do proxecto" Nin+Nin - , Iguais" que tivo como obxectivo poñer en valor á muller en sectores onde non existe a paridade de xénero, á que asistiron os alumnos/as de 3º ESO.

Relacionada coa actividade tivemos no centro unha exposición dos premios María Josefa Wonenburger Planells, que outorga anualmente dende o ano 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e ciencia.

O premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha auténtica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e que foi unha científica adiantada ao seu tempo.

Desde a creación do premio foron merecedoras deste recoñecemento mulleres que dedicaron a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía, e así coa visibilización a través desta exposición da súa actividade e do seu triunfo, podemos lograr afianzar a idea que muller e ciencia non só son compatibles senón que son unha combinación gañadora.



image | by Dr. Radut