Skip to Content

VISITA Á CIDADE MEDIEVAL DA CORUÑA

VISITA Á CIDADE MEDIEVAL DA CORUÑA

O pasado xoves, día 9 de Maio, viaxamos cos grupos de 1º e 2º da ESO de Relixión á Cidade da Coruña. A climatoloxía adversa non impediu que o noso alumnado poidera coñecer unha fermosa cidade onde historia e modernidade van da man.

Un paseo polo casco antigo levounos a visitar a Igrexa Románica de Santiago, o segundo monumento máis antigo da cidade despois da Torre de Hércules. A ela seguiron as Igrexas de Santa María e Santo Domingo, así como o Convento das Bárbaras. Pero, xunto a súa arte, tamén recordamos a súa historia, as grandes batallas da cidade, a primeira, onde a valerosa heroína, María Pita, levou aos coruñes@s a repeler o ataque da Armada Británica; e a segunda, a batalla contra as tropas napoleónicas.

 

 



image | by Dr. Radut