Skip to Content

EXPOSICIÓN MATEMÁTICAS E CINE

EXPOSICIÓN MATEMÁTICAS E CINE

O Departamento de Matemáticas do IES Leliadoura organiza unha exposición sobre Matemáticas e Cine na Sala de Usos Múltiples do centro dende o 7 ao 24 de maio. A mostra está aberta a toda a comunidade educativa.

Na exposición facemos un percorrido pola historia de cine, dende os anos 50 á actualidade, con 75 películas, remarcando as esceas onde aparece algún contido matemático, ben pola súa temática ou porque os seus protagonistas son matemáticos, e outras películas nas que aparentemente non existe relación algunha, pero que nalgún momento sí aparecen estes contidos.

Con isto, pretendemos poñer de manifesto que as matemáticas non son algo lonxano que só estudamos na escola, senón que están en todo o que nos rodea, incluso en películas de superheroes ou comedias intrascendentes, nas que a primeira vista non parece haber nada científico. Como dicía Galileo “As matemáticas son o alfabeto co que Deus escribeu o Universo”.

A exposición complétase cun xogo de preguntas e respostas para o alumnado, para que poidan traballar os contidos dunha maneira máis sistemática.

Tamén temos fragmentos das películas onde se poden ver as esceas que nós resaltamos polo seu contido matemático. Preme na seguinte imaxe para velos:

 

 



image | by Dr. Radut