Skip to Content

Visita a Madrid e Toledo

Este ano o alumnado de 3º e 4º da E.S.O. do IES Leliadoura desprazouse até Madrid e Toledo para a realización dunha viaxe cun marcado carácter pedagóxico e didáctico. Consideramos que é unha actividade de grande interese para o desenvolvemento cultural e pedagóxico, para a formación integral e madurez do alumnado no ámbito persoal, cultural, científico, musical e histórico.

Non entendemos esta viaxe só dende un punto de vista lúdico e cultural, senón que nos parece importante para o alumnado, xa que se implicou, en liñas xerais, no seu financiamento; fomentando valores como a responsabilidade individual e colectiva, a convivencia entre iguais e a organización de recursos.

Entre as actividades que levaron a cabo cómpre salientar as seguintes:

  • Visita Libre ao Museo Arqueolóxico Nacional.

  • Visita panorámica guiada de Madrid (no Autocar).

  • Visita guiada ao Museo Nacional do Prado.

  • Visita guiada ao Madrid dos Austrias.

  • Visita guiada a pe pola cidade de Toledo.

  • Visita guiada ao Museo do Greco (Toledo).

  • Visita guiada ao Museo Sefardí (Toledo)

  • Visita guiada á Catedral de Toledo.

  • Visita guiada ao Museo de Santa Cruz.

  • Asistencia ao musical "Billy Elliot".

  • Visita ao Planetario coas Exposicións “Cambio Climático. Comprender pra sobrevivir”, “Europa no espazo, ESA” e Proxección do “Universo Escuro” e “Lua de Sangue”

  • Visita guiada polo palacio e os xardíns de Aranjuez.

  • Visita ao Parque de Atraccións de Madrid.

 

 

Visita a Madrid e Toledo


image | by Dr. Radut