Skip to Content

A IMPORTANCIA DO SECTOR MEXILLONEIRO PARA A ECONOMÍA EN GALICIA

A IMPORTANCIA DO SECTOR MEXILLONEIRO PARA A ECONOMÍA EN GALICIA

O pasado día 26 de marzo, na aula Vionta, deunos unha charla a representante do Consello Regulador do Mexillón de Galicia ao alumnado dos Ciclos de Administración e Finanzas e de Xestión Administrativa,

O Consello Regulador do Mexillón de Galicia é unha Corporación de dereito público que ten como finalidade fomentar a calidade do mexillón para poder ofrecer ao consumidor un produto acorde coas súas expectativas e esixencias, tanto nas actividades de consumo, como na elaboración, transformación e na distribución.

Os controis e a investigación que leva a cabo este organismo é un elemento de garantía que diferencia o Mexillón de Galicia do de outras orixes. Mexillón de Galicia procede de bateas fondeadas nos polígonos de cultivos situadas nas rías de toda Galicia.

Contounos que a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación) considera as Rías Galegas como un dos máis importantes depósitos de fitoplancto do planeta.



image | by Dr. Radut