Skip to Content

A CULTURA DA VIOLACIÓN E A DECONSTRUCCIÓN FEMINISTA

A CULTURA DA VIOLACIÓN E A DECONSTRUCCIÓN FEMINISTA

O grupo de Igualdade do IES Leliadoura tivo o pracer de compartir unha tarde con Purificación Cabido Pérez, profesora de francés, incansable feminista e tradutora dunha obra de Hélène de Cisoux titulada “A conquista da escola de Madhubai”. Lendo este libro teremos a sorte de acceder ao texto nunha versión bilingüe franco-galaica que versa sobre a vida de Sakundeva. Trátase dunha muller india que en 1970, convertiuse na xefa dunha banda de bandidos despois de ser vendida polo seu pai e violada en varias ocasións. Tras ser detida, solicita a construcción dunha escola para nenas na súa cidade.

Purificación falounos en primeiro lugar sobre as bases e xustificacións da sociedade patriarcal universal. Neste caso centrouse nas teorías de Foucault, Judith Butler, Kate Millet e Lidia Falcón entre outras. A poñente explicounos como o concepto de xénero é unha ficción cultural, unha “tecnoloxía”, un papel que nos ensinan dende nenas os axentes socializadores: o noso entorno, o sistema educativo, os medios, a literatura, o arte e a relixión. Tamén insistiu sobre o poder da linguaxe: “Quen pon nome as cousas, invéntaas, créaas.”

Por outra banda, a relatora tratou as representacións simbólicas da violencia sexual para someter aos mais débiles. Estas ideas están presentes na sociedade a moitos niveis: lexislación, binarismo xenérico, e sobretodo en relatos e mitos. Como por exemplo, nos mitos greco-romanos sométense ás mulleres e homes que non entran no ideal de masculinidade: os raptos e violacións perpetradas principalmente por Zeus: Ganímedes, Europa,...Estes mitos son coñecidos por todos nos a través da súa representación no arte pictórico, escultórico e literario pero baixo un prisma edulcorado, dulcificando as expresións das vítimas como vemos no Rapto das Sabinas de Sebastiano Ricci (XVII- XVIII) ou o Rapto de Europa de Tiziano. Tamén comentou numerosos exemplos obtidos da Bilia: a historia de Tamar ou as fillas de Lot.

Finalmente, Purificación Cabido profundizou na importancia do noso rol deconstruindo esta sociedade patriarcal a través da formación dun novo imaxinario, dos lazos de sororidade, da cŕitica do binarismo e cuestionando os modelos establecidos. Esto podemos conseguilo a través da visibilización das mulleres esquecidas, a reescritura de relatos clásicos e a escritura de novos relatos como son: a Historia dos bonobobos con lentes, Arturo e Clementina ou Pipi Medias Longas.

Recomendounos as lecturas das obras de Marguerite Duras: L’Amant o Hiroshima, mon Amour e de Virginia Woolf e Margaret Atwood.



image | by Dr. Radut