Skip to Content

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2019

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2019

AXUDAS PARA FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2019

 

 NOTA INFORMATIVA DO 25 DE FEBREIRO

 Comunicación de erros e aclaracións Anexo II.

 Solicitudes en borrador na Sede Electrónica (sede.xunta.gal):
1) O formulario non se presenta cuberto como corresponde aos datos indicados na aplicación da páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle
- Estes datos serán comprobados polo Servizo correspondente, tendo en conta os datos indicados na aplicación; os erros corrixiranse polo citado Servizo.

2) O intento de asinar o borrador en sede electrónica resulta errado.
- Comunicada esta incidencia aos servizos informáticos, será corrixida o máis axiña posible. En canto estea corrixida, comunicarase a través desta páxina web para que os solicitantes poidan asinar os seus borradores na Sede Electrónica.

Así mesmo comunícase que, exceptuando nos casos nos que se alegue familia monoparental, separación ou divorcio, o Anexo II deberá ser asinado tanto polo representante (pai, nai, titor/a) que asinóu o Anexo I como polo cónxuxe ou persoa con similar relación.

NOTA INFORMATIVA DO 20 DE FEBREIRO

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa.

Acceso ao texto da Orde de convocatoria

Acceso ao cartel informativo

Acceso á guía para cubrir a solicitude 

Acceso á informacion sobre a presentación electrónica

No caso de ter que engadir algunha documentación, con posterioridade á presentación da solicitude, debe achegar dita documentación xunto coa Instancia para engadir documentación. Acceso

- Lémbrase a necesidade de achegar, xunto coa documentación, a fotocopia de todas as páxinas cubertas do libro de familia ou, de non dispor deste, da documentación que xustifique o número total de membros da unidade familiar.
- Indícase a importancia de facilitar, alomenos, un teléfono de contacto, procurando cubrir todas informacións indicadas na solicitude en letra lexible.
Nota Anexo II:  As persoas que elixan a opción "imprimir para entrega por Rexistro Oficial obterán DOUS arquivos en formato pdf (anexos I e II) que deberán imprimir e asinar no lugar correspondente. Deberase ter en conta que, de marcar cun “x” os cadros no anexo II, significa non dar autorización (e a obriga de presentar a documentación correspondente). A autorización entenderase deixando os cadros en branco e asinando no lugar correspondente.
- No caso de remitir a solicitude vía Correo Postal (o Anexo I debe selarse e datarse por Correos), o enderezo de envío é:
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Edf. Administrativo de San Caetano s/n
15781 – Santiago de Compostela (A Coruña)


image | by Dr. Radut