Skip to Content

Día de Rosalía de Castro. Do XIX ao XXI: Libre o meu pensamento!

Día de Rosalía de Castro. Do XIX ao XXI: Libre o meu pensamento!

O equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Leliadoura sumouse á proposta da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores de Lingua Galega) para conmemorar o Día de Rosalía de Castro. O día era o 24 de febreiro, data do nacemento da poeta; mais como este ano coincidía en domingo, pasouse nos centros de ensino para o venres. Participaron un grupo de alumnas e alumnos que representaban todos os niveis da ESO e Bacharelato. A actividade consistiu na lectura de poemas rosalianos que tratasen temas que, por desgraza, aínda podemos ver ou ler nos medios como o espolio, as violacións, as inxustizas sociais, os desafiuzamentos, o abuso laboral e os éxodos; poñendo de manifesto a actualidade da escrita de Rosalía. Ao finalizar a lectura repartíronlles aos participantes cadanseu libro e cadansúa camelia.

Un aplauso para o alumnado que o fixo moi ben. E oxalá que esta proposta continúe en anos vindeiros coa posibilidade de poderen participar máis.



image | by Dr. Radut