Skip to Content

Formándonos en comunicación inclusiva

Formándonos en comunicación inclusiva

O 20 de febreiro no IES Leliadoura, Rosa Fajardo, psicóloga social especializada en xénero, e que ela mesma se define como feminista, deunos unha charla sobre a comunicación inclusiva ao grupo de Igualdade.

Comezou explicándonos o tipo de traballo que ela está a desenvolver na Deputación de Pontevedra e que identificou como proceso de intervención inclusiva no ámbito administrativo, isto é, a maneira de introducir a linguaxe non sexista na redacción e relación entre as persoas que prestan servizo nesta institución. Continuou coa definición de comunicación inclusiva, da importancia que ten a linguaxe porque con ela construímos a realidade e como esa linguaxe ten que reflectir a distinción de xénero que si existe na realidade extralingüística.

Comentou de seguido como a visión da sociedade que reflicten os medios é androcentrista a través de estudos que se poden ver nas ligazóns que aparecen máis abaixo. Sorprende que aínda esteamos nunha sociedade patriarcal onde o feminino ou acaba sendo relegado a un papel secundario e asociado á pobreza, ao fracaso, á debilidade... ou fica invisible, na maioría dos casos, no ámbito público da economía, a política, a ciencia... Un bo exercicio para reflexionarmos sobre isto é utilizar libros de texto e analizar o papel da muller en diferentes etapas da historia e en distintos ámbitos do saber.

A continuación achegamos as ligazóns que a relatora Rosa Fajardo nos pasou como recursos para poder seguir traballando pola consecución dunha sociedade máis igualitaria.

A fundación Isonomia http://isonomia.uji.es/agendajornadas/

Instituto da muller vasco http://www.emakunde.euskadi.eus/

A comunicadora Yolanda Dominguez http://yolandadominguez.com/



image | by Dr. Radut