Skip to Content

Procedemento ordinario de admisión do alumnado - Curso 2019/2020

Prazas disponibles estimadas

Nivel Vacantes estimadas
ESO 1º 4
ESO 2º 15
ESO 3º 15
ESO 4º 11
BACH CCTEC 1º 4
BACH HCS 1º 6
BACH CCTEC 2º 10
BACH HCS 2º  8

 

Información ao alumnado e ás familias

Normativa reguladora:

  • DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que  se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Pode atopar toda a información en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/Axuda.action

 

Prazos do proceso de escolarización:

  • O prazo de presentación das solicitudes de reserva para un centro de adscrición abranquerá do 1 ao 15 de febreiro de 2019, ambos incluídos.

  • O prazo de presentación das solicitudes de admisión abranguerá do día 1 ao 20 de marzo de 2019, ambos incluídos.

 

Solicitude de reserva de praza e de admisión:

  • Reserva: O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I desta orde. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 1 e 15 de febreiro de cada ano.
    O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

  •  Solicitude de admisión: O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.
  • As solicitudes de admisión, serán dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
    Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado.

Documentación a achegar coa solicitude de admisión:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, condo denegue a súa consulta.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumnado.
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do Anexo II.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

Asinar:

A solicitude de admisión poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

 

Importante:

  • A solicitude de posto escolar será única e presentarase en centro en que a/o solicitante pretende ser admitido ou na sede electrónica a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro e que presente solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.

  • O alumnado que ten reservada praza nun centro e que presente solicitude de admisión nountro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserve antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

As listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas deberán publicarse antes do día 25 de abril, podendo presentar reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación ante o Consello Escolar.

Publicaranse as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos antes do 15 de maio contra as que se poderá iterpor recurso de alzada ou reclamación ante a persoa titular da xefatura territorial.

 

O alumnado admitido formalizará a súa matrícula utilizando o Anexo III da ORDE do 12 de marzo de 2013:

  • Do 25 de xuño ao 10 de xullo no prazo ordinario

  • Do 1 ao 10 de setembro no prazo extraordinario

 

 

Centros adscritos ao IES Leliadoura:

  • 15025281-CEIP de Olveira

  • 15014261-CEIP Heroínas de Sálvora

  • 15014271-CEIP Plurilingüe de Artes

  • 15021731-CEIP Plurilingüe de Frións

  • 15014465-CEIP Plurilingüe de Palmeira

  • 15014544-CEIP Plurilingüe O Grupo

  • 15024771-CEP Plurilingüe de Carreira

  • 15014532-CPR Plurilingüe Bayón

  • 15014416-CPR Plurilingüe La Milagrosa - Josefa Sobrido

  • 15014349-CPR Sagrado Corazón de Jesús



story | by Dr. Radut