Skip to Content

Conferencia de Aleida Quintana no Leliadoura.

21/02/2019 12:50

Conferencia de Aleida Quintana no Leliadoura.

O vindeiro xoves, día 21 de febreiro, na biblioteca do centro, contaremos coa presenza de Aleida Quintana, antropóloga social e activista mexicana polos dereitos humanos​. A actividade está destinada a alumnado de 1º de bacharelato e ciclos.

Aleida Quintana exiliouse en España polas presións que recibiu no seu país polo seu activismo. En 2012 empezou a denunciar as desaparicións ocorridas no estado de Querétaro. Elaborou unha base de datos de persoas desaparecidas, as cales eran "vítimas do tràfico de persoas, feminicidios, explotación sexual, traballo forzado, sicariado, mendicidade, traballos domésticos e matrimonio forzado".



event | by Dr. Radut