Skip to Content

Escoitando historias do mundo de boca de Charo Pita e Patricia McGill

Escoitando historias do mundo de boca de Charo Pita e Patricia McGill

Un ano mais, e xa van vinte cursos de xeito consecutivo, os departamentos de Inglés e Normalización Lingüística organizaron unha actividade de Contacontos en inglés e galego de man de dúas recoñecidas narradoras profesionais: Charo Pita e Patricia McGill.

Asistiu o alumnado de 2º ESO, 4º ESO, Xestión Administrativa e Administración e Finanzas que desfrutaron de contos e historias de diferentes partes do mundo e ao que ámbalas dúas animaron a que conten as historias que reciban á familia e amigos/as para dese xeito, "viaxando de boca a orella, manter os contos vivos". Foi unha experiencia moi interesante!

 



image | by Dr. Radut