Skip to Content

Rutas das Mámoas 2018

Rutas das Mámoas 2018

Neste primeiro trimestre que acaba de rematar o Departamento de Educación Física en coordinación cos Departamento de Bioloxía-Xeoloxía e Xeografía-Historia e c@s titor@s de Primeiro da ESO fixemos, como é costume, a Ruta das Mámoas (dende o Iroite ata a Curotiña).

O tempo non prometía moito, pero ao longo da xornada foi mellorando e respectounos.

@s leriadouriñ@s comportáronse moi ben(non esperabamos menos) e pasamos un día fenomenal. Ademais de dar un bo paseo aprendemos cousas novas.

 

 



image | by Dr. Radut