Skip to Content

FOTOCOOL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

FOTOCOOL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Co gallo do Día Internaciónal contra a Violencia Machista, o grupo de traballo de IGUALDADE do noso instituto realizou, entre outras actividades, este fotocool contra a violencia de xénero. Con esta actividade preténdese sensibilizar contra a lacra que supón a violencia contra as mulleres, dun xeito lúdico.

Ademais do alumnado e profesorado do centro, tamén quixeron inmortalizarse neste fotocool membros da asociación AMBAR que, como en cursos anteriores, se achegaron ao noso centro para sumarse un ano máis as actividades de comemoración do 25 de novembro.

Este grupo de traballo tamén elaborou unha unidade didádactica para traballar nas aulas a prol da erradicación deste tipo de violencia, co obxectivo de tentar cambiar a cousificación, explotación, violencia estrutural, amor romántico, violencia ambiental, violencia física e violencia psicolóxica que tanto dano lles fai ás mulleres.



image | by Dr. Radut