Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018: 26 DE NOVEMBRO

De acordo coa Convocatoria do día cinco do mes en curso, o próximo día 26, luns, en horario de 16'30 a 18'30 horas, celébrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Centro. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

 1º.- Quen pode votar.

 Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral, tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai ou titor legal, podendo votar só un deles.

2º.- Modo de emitir o voto.

  1. O voto será directo, secreto e non delegable.

  2. Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

  3. Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos, por orde alfabético de apelidos, e cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo 2 nomes das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

  4. Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

A dirección deste Centro anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

 



blog | by Dr. Radut